Monday 20 de May de 2024

Magosto e Pesdelán para pequenos e maiores da Baña


Pequenos e maiores do Concello da Baña disfrutaron fai uns días do magosto organizado polo Concello da Baña no Centro Social e da Terceira Idade. Os veciños e veciñas poideron saborear as castañas recén asadas e típicas desta época do outono. Con motivo deste magosto tamén se levou adiante unha actividade do grupo de música e baile Pesdelán, que puso en marcha o espectáculo Punta do pé, no que participaron grandes e pequenos. Foi unha tarde noite para compartir e para pasar un tempo agradable en compañía dos veciños e veciñas.